Cando eu morra

7 Maio 2012

Cando eu morra non quero

nin lamento nin fasto

quero lume no peito

agarimos con tacto

Cando eu morra non quero

nin madeira nin cinsa

quero ser monumento

que me extraian a tinta

Cando eu morra non quero

nin coroas nin cruces

quero sal nos meus beizos

que haxa un baile de luces

Cando eu morra non quero

nin paixón nin descanso

nin silencio nin canto

quero aplauso sonoro

cara o oco no palco

que non choren as nubes

coa caída do pano

José Mourinho, o perdedor enmascarado

9 Abril 2012

A verdade é que lamento moitísimo ocupar espazo do meu blog falando sobre un ser tan prescindible (porque el vive da atención que se lle presta) e vomitivo, pero tamén Chaplin fixo un filme sobre ese bufón involuntario chamado Hitler (e perdón pola comparación porque, a pesar de que ambos teñen en común a capacidade de mobilizar miles de persoas en torno a un inimigo imaxinario, Adolf non merece este agravio).

O outro día, logo de que o Real Madrid eliminara da Champions ao todopoderoso Apoel de Nicosia, o adestrador do club branco volveuse a lembrar do Barcelona sen que ninguén lle preguntara por el para insinuar que o Barcelona xogaría a final do torneo gracias ás axudas arbitrais. O máis curioso é que estas afirmacións producíronse despois dunha eliminatoria na que ao Barça lle pitaron 2 dos 4 penaltis que sufriu, e falouse de roubo… ao Milán. Pero aí radica a forza deste iluminado que, como bo Deus contemporáneo, fai que os seus fieis vexan o invisible. Isto lémbrame a unha anécdota na que un coñecido, ante a miña petición de que me demostrara a existencia de Deus, solicitábame que eu lle demostrara a non existencia do mesmo… ao igual que agora non hai que demostrar que os árbitros lle axudan ao Barcelona, senón que hai que demostrar que non lle axudan e que non teñen intención de facelo.

Certo que algún pode pensar que eu teño unha visión subxectiva de José Mourinho xa que este entrenaba ao Oporto que privou ao Deportivo de xogar unha final da Champions, pero prometo que non é así, aínda que é certo que foi aí onde descubrín que se aveciñaba un tumor maligno para o fútbol que sería moi difícil extirpar. Ese diagnóstico evidenciouse ante min cando declaraba, ante o papel de favorito do Dépor, (o Deportivo viña de eliminar aos dous anteriores finalistas, Juve e Milán) «estáis muy creciditos». Esa foi a primeira Champions para Mourinho e o comezo do seu mito.

Se un se empeña en vender unha imaxe de si mesmo, é posible que o acabe logrando, e Mourinho sempre se vendeu como un ser superior… e gracias a unha ecuación na que se mestura o borreguismo coa cobertura mediática, esa imaxe callou. Por iso parece que Mourinho leva 300 anos adestrando equipos e que xa gañou todos os títulos existentes. Porén, hai outros que non dedican tanto tempo a venderse a si mesmos. Non fai falta irse moi lonxe no espazo e no tempo. Pep Guardiola, o adestrador que conduce a etapa máis gloriosa do Barça con máis dunha decena de títulos en 4 anos, non ten fama de gañador…ou polo menos non tanta como Mourinho.

De conseguir esa fama xa se encarga o propio Mourinho, que sempre trata de desvirtuar os méritos do rival (salvo cando o rival é menor e sae derrotado) para que así pareza que os únicos logros válidos son os que el consegue como adestrador. Non só iso: Mourinho dase tanta importancia que trata de transmitir a idea de que as vitorias dos seus equipos son posibles porque el está no banco. Así parece que o Real Madrid gañou unha Copa do Rei gracias a Mourinho e non gracias a centos de millóns de euros de investimento e dun plantel no que Kaká ou Higuaín son suplentes. Tamén sucede que os equipos polos que el pasou sufriron un baixón que se asocia á ausencia do marabilloso adestrador…e non a que constrúe proxectos á súa medida nas que el é o principio e o fin do equipo e que, evidentemente, non funcionan en canto el non está. Por iso falo eu dun perdedor enmascarado, porque Mourinho creou un personaxe que trata de esconder as súas carencias, e é que nunca se viu ao adestrador portugués admitir algún erro. Se parece que Mourinho só sabe gañar é porque Mourinho nunca admitiu unha derrota, xa que estas sempre se producen por circunstancias alleas ao seu control (como unha conspiración da UEFA e cousas polo estilo).

Evidentemente, Mourinho é un adestrador que acumula éxitos… pero a súa gran derrota é que nunca será tan grande como el cre (e pretende facer crer) que é. Mourinho conseguiu vitorias, pero son victorias que outros xa conseguiron antes tamén e dun xeito bastante máis digno e memorable, e iso é o que el non soporta: ter data de caducidade na memoria futbolística (se entendemos por memoria futbolística o relacionado co deporte que se practica ao aire libre e non nas salas de prensa). Todos sabemos que no futuro os gourmets do fútbol recordarán con agrado a España de Luis Aragonés que gañou a Eurocopa do 2008 pero non a Grecia de Otto Rehhagel (de feito, tiven que buscar o nome deste señor na wikipedia porque non o lembraba) que gañou a Eurocopa de 2004, ao igual que gozaremos lembrando o Barcelona de Guardiola pero non o Inter de Mourinho.

O certo é que Mourinho recórdame a Célula, ese personaxe de Dragon Ball que chupaba a enerxía de humanos e androides para facerse máis forte. Célula pasaba de un a outro sen deterse demasiado, nunca tiña suficiente, e por cada un que pasaba parecía máis invencible. Pero todos sabíamos que Célula non era nada se non tiña seres aos que arrebatarlle a enerxía e que ao final sería derrotado. Mourinho tamén deixa sen enerxías os equipos polos que pasa (só fai falta ver como están agora Inter e Chelsea) e ademais consegue que se convertan en clubs con mala percepción global, por iso adoito sinalar que non creo que lle compense ao Madrid gañar un par de títulos a cambio do ridículo internacional e de gañarse a inimizade de todas as afeccións de España.

A Mourinho non lle interesa como quedará o Real Madrid… e cando se decaten no Real Madrid xa será tarde, porque se sentirán como a inocente adolescente que entregou a súa virxindade a un macarra e unha vez que este obtivo sexo, deixouna tirada. O único que pode facer esa moza desflorada é consolarse ao saber que o macarra é efémero e que ao final aparecerá un auténtico galán que non necesita enganar a ninguén para gañarse o seu corazón, que ese galán será recoñecido pola evidencia das súas virtudes e non porque vaia presumindo delas e que ese galán borrará o recordo do macarra para sempre, deixándoo nunha anécdota.

Mourinho é maleducado, infantil, débil, indigno, hipócrita, covarde e un montón de cousas que non vou a detallar, pero sobre todo é un perdedor. Por que? Por que? Porque está condenado a ser esquecido, a perder a súa batalla contra o paso do tempo… e aí non haberá un árbitro ao que culpar.

To lokoh

Fale ben. Sexa patriota.

28 Marzo 2012

“Eu falo gallego, pero gallego de verdá”.

Amigo lector, vouche dar un consello por se algún día queres torturarme: repíteme esta frase varias veces e probablemente acabe morrendo (se non te mato antes).

Vivimos nun país con moitas peculiaridades, pero unha das cousas que máis me chama a atención (tamén unha das que máis me irritan) é esa capacidade de fuxir voluntariamente do uso correcto do noso idioma e de criticar ao que o fala ben ou tenta facelo. Somos un caso único no mundo, pois non coñezo outro pobo que se gabe do escaso dominio que ten da súa propia lingua e que non faga nada por corrixir esas carencias.

Eu non son lingüista, nin sociólogo, nin mestre, nin historiador… nin pretendo abarcar ningunha desas facetas. Pero hai un feito innegable, e é que non dominamos a nosa lingua. Escribimos e falamos mal o galego. Canto antes o asumamos mellor, porque do contrario seguiremos nesta actitude que nos leva cara a destrución gradual dun idioma a base de invencións de tempos verbais, colocación incorrecta de pronomes, hiperenxebrismos, castelanismos,etc.

Mesmo nisto aprecio ese autoodio que para min si que existe e que nos fai aceptar no noso día a día o uso incorrecto do noso idioma. Por exemplo, a diario vemos Conselleiros da Xunta cometendo unhas agresións lingüísticas que superan o límite da vergonza allea… e non nos escandalizamos. Témolo asumido como algo normal. A ninguén se lle ocorre que saia un Ministro español facendo unha declaración nun castelán extremadamente deficiente, pero aquí non temos problema en que un alto cargo público ou un profesional da comunicación fale mal en galego.

Escoitamos a un Suxeito A dicindo “conocinte ayer” e parécenos normal. É máis, case nos parece máis normal iso que se un Suxeito B di “coñecinte onte” (e que conste que este é un exemplo bastante malo). Pero o máis grave non é iso, senón que o Suxeito A non admitirá en ningún caso que o seu galego sexa menos válido que o do Suxeito B. E se o Suxeito B trata de corrixilo argumentando que esa é a maneira correcta de dicilo, atoparase con algunha frase semellante a “é que ti falas un galego raro”. Non lle falta razón, porque é certo que é raro atopar a alguén que fale correctamente galego.

Eu levo toda a miña vida tratando de corrixir os numerosos erros lingüísticos que cometo e polos que pido desculpas (si, considero xusto pedir desculpas por falar mal un idioma, especialmente se é o teu), e poucas cousas me sorprenden xa no referente a este tema, pero tiven que soportar moitas veces os comentarios e opinións de persoas (moitas veces, amigos e familiares) que me acusaban de falar un galego falso, un galego artificial, por tratar de axustarme a unha normativa lingüística. Ben, eses comentarios entristécenme porque demostran que nos queda moitísimo por avanzar.

Se agora facemos unha enquisa, mais do 90 % da poboación vai dicir que sabe falar e escribir en galego. Falso. Practicamente todos falamos un galego horrible cheo de erros onde os castelanismos aparecen en cada frase. O bilingüismo sería positivo se fose cordial como tanto proclamaba o das gasosas, pero nunca foi así neste país. A diglosia tivo un efecto colateral que é esa incompetencia lingüística que nos negamos a recoñecer e da que aínda por riba facemos bandeira repudiando aos que tratan de axustarse a unha normativa, acusándoos de inventarse un idioma.

O idioma inventado non é o da normativa. O idioma inventado é esa versión galego-española do spanglish que falamos día a día e que esta matando lentamente ao galego. As linguas evolucionan, de acordo, pero a nosa non esta pasando por un proceso de evolución senón por un proceso contaminante de fusión que pode chegar a ser irreversible. A consecuencia vémola cando lle falamos a un habitante doutra parte de España e di algo así como “te entiendo casi todo”. Normal que o entenda se se usan mais palabras do seu idioma que do noso.

Non me cansarei de repetir que ata que sexamos honestos e recoñezamos claramente que falamos mal o noso idioma, non solucionaremos nada.

Non me vale que me digan “o meu galego vale tanto como o de calquera”. Mentira. Non vale o mesmo un idioma mal falado ca un ben falado.

Non me vale que me digan “é que ti falas un galego artificial”. Mentira. Eu trato (e non o consigo) de falar axustado a normativa do meu idioma.

Non me vale que me digan “eu falo o galego que me enseñaron”. E que? Es tan limitado que non es capaz de corrixir unha ensinanza incorrecta? Tamén a min me ensinaron que Deus creou o mundo en sete días e agora non me cadra esa teoría.

Somos tan ridículos que tendemos a criticar, a excluír, a ridiculizar, a aquel que tenta facer ben as cousas. Somos o país dos que consideran que saber idiomas é moi importante e por iso comezan a aprender inglés mesmo antes de coñecer o idioma do lugar no que viven. Somos o país que ve normal escoitar nunha película a un chino con acento madrileño pero que se mexa de risa porque unha dobraxe en galego parécelle ridículo.

Si, somos ese país. Por iso non me importa se ese país me critica. Por iso non me importa que alguén me veña co conto de que falo un galego artificial.

Só pido unha cousa ben simple que ata me dá vergoña ter que pedir. Non teñades medo de falar ben.

 

P.S. Este texto probablemente estea pragado de erros. Non teño ningún problema en asumilos.

¿Conflicto lingüístico? No me suena...

Preguntas sen resposta (10)

22 Marzo 2012

-Por que os xogadores que quedan fóra dunha convocatoria teñen nome de prestixioso filósofo francés?

-Se me gravo dando voltas na cama mentres durmo, podo considerar o resultado como unha road movie?

-A todo porquiño lle chega o seu Martiño Rivas?

-Que droga lle dan ao público de La ruleta de la suerte?

-Por que os xaponeses teñen hemorraxias nasais en vez de ereccións?

-Por que non sacan un álbum de cromos de mulleres de futbolistas?

O filósofo de cabeceira de Sahin e Pedro León

Célebres e Lúcidos. Os primeiros de 2012.

14 Marzo 2012

CITAS CÉLEBRES

‎“Si, estivemos en Miranda (de Ebro) fai tempo. Ademais hai un río por alí, non?” (Rebeca Vieites)

“Que gracia me fai ver aos nenos negriños falando galego, pobrecitos… Ah, pero a película é toda de negriños…” (Miña nai vendo “Papá Canguro” na TVG)

“E se se abren non se estropearán?” (Miña nai en referencia a uns lazos de hojaldre)

“Rodri ten etiopía e astigmatismo.” (Iñaki Tomé)

“No me despeines, y menos en la cabeza.” (Borja Cerviño “Bocu”)

“Mira el vídeo, mira. Lo estoy imprimiendo.” (Xermán López)

“En el DOG tienen una función en la que una persona va leyendo el texto y tú lo escuchas según pasas con el ratón. Supongo que es para los ciegos, o para los sordos…” (María Olga Fontán, profesora de master, concretamente de Guión Multimedia… eu non digo nada)

“Cando a principios do ano pasado estaba cunha rapaza que era un pouco virxe…” (Hadrián Faílde “Hache”)

“Que mierda son eu? Astigmatismo?” (Hadrián Faílde “Hache”)

“É como as marcas blandas…” (Miguel Anxo Fernández “MAF”, profesor de master)

“Cando se fai a presentación do proxecto en Santiago, el engade un photocool.” (Miguel Anxo Fernández “MAF”, profesor de master)

“A mí me pones a Santiago Segura en una película que no sea Torrente y me la refinfunfla.” (Miguel Anxo Fernández “MAF”, profesor de master)

“Os Celtas Cortos non son de Valladolid, son de Pucela.” (Pablo Vieites “Fi”)

“Que vello está Tío Dani. Cada ano que pasa está máis maior.” (Miña nai)

“Mira Shin Chan…” (Miña nai vendo a Stewie Griffin)

“Como se chamaba ese sitio? Cementerio non… Catedral tampouco… Ah, si, facultade.” (Pablo Vieites “Fi”)

“Lleva 27 goles en 27 partidos, casi un gol de media.” (Sergio Sauca, narrador dos partidos de Champions en TVE)

“Es que no me parece puto normal.” (Anonymous teen na estación de tren de Pontevedra)

 

DIALOGOS CÉLEBRES

-Un brinde polos calcetíns acartonados. (Daniel Villaverde)

-Nunca entendín esa manía de correrse nos calcetíns. Eu prefiro as sábanas. (Lois Froiz)

-Xa, pero eu non durmo sobre as sábanas. (Daniel Villaverde)

 

-Pues a ver en que cama te quesas… (Borja Cerviño “Bocu”)

-Cállate la polla. (Miguel Alexandre Vázquez)

 

-Estabamos discutindo por que non hai marulos nos puticlubs… (Lois Froiz)

-A que te refires con “marulo”? (Loli Iglesias)

-Un gigoló. (Lois Froiz)

-Pero do sexo masculino? (Loli Iglesias)

 

-Sabes que o digo de coña… (Daniel Villaverde)

-Últimamente no sé cuando dices la verdad o cuando hablas en serio… (Silvia Sanmartino)

 

-Ostia, hoy es 29 de febrero. (Christian Redondela)

-Que dis? Estamos en ano capicúa! (Daniel Noal “Xufres”)

 

CITAS LÚCIDAS

(sobre a elipse final de 2001, Una odisea en el espacio)

“Unha tía dicía… se estropeó, se estropeó… e non lle faltaba razón.” (Carlos Ares, profesor de master)

“Escribindo… eres Dios, eres Ohen.” (Carlos Ares, profesor de master, influenciado pola visión da miña camiseta do Compos)

“Eu tiña un colega na universidade ao que lle gustaba moito Bach pero, con 20 anos, levar un retrato de Bach na carpeta é un suicidio social.” (Carlos Ares, profesor de master)

(sobre “El árbol de la vida”)

“Somos polvo de estrella, pero más cerca somos polvo de madre.” (Carlos Piñeiro, profesor de master)

“Non me fai gracia… Está feito por unha muller?” (Lois despois de ler “Moderna de Pueblo)

(sobre o protagonista de Crepúsculo)

“Non é mal actor, o que pasa é que ten unha cara rara” (Miguel Anxo Fernández “MAF”, profesor de master)

“A peña da galega colleron o meu modelo: adelgazaron todos.” (Miña nai)

“Danieliño rezaba mentalmente, que o escoitei eu.” (José Antonio Pampín “Tío Jos”)

“Manuel Gulías é tan avanzado que quedou atrás.” (Rubén Lino)

 

DIALOGOS LÚCIDOS

(ante unhas tipas disfrazadas de linces)

-Mira, unas linces. (Daniel Villaverde)

-Imposible, unha era rubia. (Adrián Rodríguez)

 

-Que rápido Hache. (Daniel Villaverde)

-O mesmo dixeron moitas mulleres. (Lois Froiz)

-Oxalá o dixeran moitas… (Hadrián Faílde “Hache”)

 

-No te acerques a la vía que te puedes caer. (Unha nai)

-¿No quieres que me muera? (O seu correspondente fillo, portador duns tenis de luz intermitente)

 

Se buscas “no me parece puto normal”, sae isto

Mulleres traballadoras

8 Marzo 2012

O pasado martes tiven oportunidade de ver  o documental Digna Rabia, dirixido por María Victoria Martins Rodríguez e polo meu compañeiro de clase Ángel Rodríguez Gallardo, no que se analiza a loita das mulleres dende a mesma Guerra Civil ata hoxe en día. E precisamente, como remata co contemporáneo, tiven o medo de que quedara unha mensaxe equivocada que os créditos finais se encargan de evitar, porque, por se non quedara claro, aseguran que ese documental é un recoñecemento á xeración das nosas nais e avoas.

Paréceme moi necesario sinalalo e lembralo a miúdo porque teño a impresión de que  cando se fala da loita da muller parece que comezou onte e que todas as que viñeron antes eran simples felpudos que se deixaron pisar. Quizais é unha percepción incorrecta pola miña parte, pero a veces noto un aire de superioridade moral e intelectual que me resulta vomitivo.

Para que hoxe a muller teña os dereitos que non tiveron miña nai e miña avoa, elas tiveron que pasalo moi mal. Tiveron que sufrir, tiveron que esforzarse, e si, tiveron que traballar moitísimo. Tiveron que traballar o dobre para obter a metade de recoñecemento. Tiveron que ir á leira como calquera home, só que elas tiñan que volver correndo para poñer a comida na mesa e, ao mesmo tempo, sacar tempo de onde non o había para educar aos seus fillos. Foron nais, foron traballadoras, foron amigas pero, sobre todo, foron MULLERES.

E que ningunha da miña xeración se sinta superior a elas, porque non o é. Elas naceron nun contexto e recibiron unha educación que lles impediu ocupar o lugar que lles correspondía e recibir o recoñecemento que merecían. As circunstancias leváronas a un segundo plano inxusto que lles fixeron crer que era normal. Pero que ninguén fale da loita da muller sen acordarse delas, porque nunca vin unha loita tan grande como a destas mulleres traballadoras.

Sen elas non seríamos o que somos. Aínda existe un pouso machista na sociedade española, pero avanzouse moito, e eses avances debédesllos ás vosas nais e avoas.

Hoxe, Día da Muller Traballadora, non pensedes en Carme Chacón, Isabel Coixet ou Agatha Ruíz de la Prada.  Hoxe pensade na vosa nai e na vosa avoa… e dádelle as gracias. Ben as merecen.

Miña nai

 

Miña avoa

Citas e Diálogos Lúcidos. O mellor de 2011

5 Marzo 2012

Por primeiro ano fago xustiza e creo un apartado para aqueles que merecen un recoñecemento á intelixencia das súas apreciacións. Filosofía de barra, comedia de pupitre, teoría do absurdo… todo ten cabida nesta categoría que, de ter nacido antes, tería como referente a Mar Catarina Serantes Rubianes.

 

CITAS LÚCIDAS

12. “Y si penetro ese taxi… ¿qué pasaría? ” (Ismael Freire)

11. “No sé si masturbarme o tocarme el sobaco derecho” (Ismael Freire)

10. “El Mario Casas este, que algún día se sacará el chicle de la boca y entenderemos lo que dice…” (“Michi” Huerta)

9. “A culpa dos pais é del” (Rubén Lino)

8. “Si Michael Bay tiene explosiones y tiene pene, ¿por qué no va a tener explosiones en el pene? ” (Lois Froiz)

7. “Con perdón, ¿una puta con gafas? No.” (Carlos Piñeiro, profesor de master, sobre o personaxe de Nicole Kidman en Moulin Rouge)

6. “Solo os puedo decir una cosa: Cristiano Ronaldo huele muy bien” (Carlos Ares, profesor de master)

5. “Algún americano vino aquí y escuchó la palabra `esbardallar´ y dijo, ¿Cómo se traduce esto? Brainstorming” (Carlos Piñeiro, profesor de master)

4. “Es arte porque no es arte” (Lois Froiz)

3. “Los ingleses no son elegantes; solo son ingleses” (Elena Martín)

2. “Te lo digo de coña… pero te lo digo en serio” (Silvia Sanmartino)

1. “Ser heterosexual es de gays” (Raúl Asensi)

O Rául é unha persoa coa que, entre outras cousas, falei de Nietzsche ás 5 da mañá… e iso que non lin nada del. Unha noite de festa con este recoñecido b-boy é unha aventura asegurada, pois sabes como comeza pero non como remata… e de feito é moi raro que remate a noite coa mesma compañía coa que a iniciei. Nese camiño, Rául case sempre deixa algunha marabilla. Dende o Día da Patria Galega, souben que tiña gañador.

Raúl Asensi Fariñas, gañador de Citas Lúcidas 2011

 

DIÁLOGOS LÚCIDOS

6.

-Yo sería lesbiana si las mujeres tuviesen polla (Mar Catarina Serantes)

-Hai mulleres con polla… (Daniel Villaverde)

-Me he explicado mal (Mar Catarina Serantes)

 

5.

-Está túa irmá na casa? (Daniel Villaverde)

-Oe, que miña irmá xa ten dezasete anos (Xurxo López)

-Bueno… ten catro máis dos que necesito (Daniel Villaverde)

 

4.

-A ver cando morre Pablo Motos. (Andrés)

-Ten cancer? (Lois)

-Espero… (Andrés)

 

3.

-Estáis muy cambiados. Yo también, eh. A mí me crecieron las tetas (Vanessa Lamas)

-Ensínasnolas? (Xurxo López)

-No (Vanessa Lamas)

-Si que cambiaches…(Xurxo López)

 

2.

-¡Vamos a putas! (Xermán López)

-No; llamamos a una (camareiro do Psycho)

-¡Y pongo yo el saldo! (Xermán López)

 

1.

-¿Tienes un algo que pinte? (Anonymous drunk)

-(mirando no peto do pantalón)

Si, tengo aquí un Rembrandt (Andrés Carrasco)

 

Case todos transmitimos algo nun primeiro contacto. Alegría, conformismo, inseguridade, prepotencia, odio… Andrés é un tipo que transmite intelixencia. E transmite unha intelixencia agradable, porque si, hai intelixencia desagradable que tende a ser un disfrace da pedantería. Para min é o que transmite este diálogo. Moitos poderíamos dicir o mesmo… pero asegúrovos (e quen coñece a Andrés sabe que estou no certo) que non o diríamos coa mesma clase. Unha clase que te obrigaría a dicir “Gracias, señor, por converterme en obxecto de escarnio”.

Andrés Carrasco Solla, gañador de Diálogos Lúcidos 2011

As mellores Citas e Diálogos Célebres de 2011

29 Febreiro 2012

Chegan con moito retraso, pero todo ten explicación…

Resistinme a crer que era certo e pasei meses sen querer ver a realidade, pero rematou. O portátil no que gardaba, entre outras cousas, numerosas citas célebres, foi dado por morto e así esas frases perderanse no tempo como bágoas entre a chuvia.

Nesas condicións rescatei o que puiden e así queda unha recompilación final con 14 citas e 10 diálogos. Como sempre, a clasificación é inxusta e arbitraria xa que eu son o único membro do xurado, por iso agardo as vosas opinións.

PS. Sempre me pareceu inxusto meter no mesmo saco pifias e perlas, por iso a partir de agora sácome da manga novas formas de clasificar baixo o nome de CITAS LÚCIDAS e DIALOGOS LÚCIDOS nos que recollerei as citas célebres “de verdade”. A vindeira actualización será xa cos mais lúcidos de 2011 e, sinceramente, hai mais nivel que en Citas Célebres.

 

CITAS CÉLEBRES

14. “Ortega Cano era este de Crónicas Marcianas?” (Rubén Lino)

13. “En la última cena de clase había mucha gente que no era de clase… (silencio) Bueno, mucha gente no, pero dos o tres sí.” (Gonzalo Alonso)

12. “Quen é ese que se ríe? Azerbaiyán? Ese do Madrid que non xoga?” (Miña nai)

11. “Me malinterpretaste mal.” (Silvia Sanmartino)

10. “Encántame a ensaladilla dos sitios.” (Pablo Fernández)

9. “O da publicidade engañosa está totalmente descontrolado. Eu podo dicir que se abres este estuche de gafas vai desprender unha enerxía que mellorará o teu equilibrio e o tránsito vaxinal…” (Daniel Villaverde)

8. “Es como el vídeo de la muerte de Kennedy cuando le pegan el tiro en la cabeza y la mujer se vuelve loca… Me da mucho miedo ese videoclip.” (Manuel Gago)

7. “Le gusta mucho la Cuesta de la Muerte.” (Anónima pasaxeira dun autobús Santiago-Lugo)

6. “Depende quién lleve el coche, si el Diego o el yo.” (Xermán López)

5. “Quen é o galego que chega á Moncloa?” (Miña nai)

4. “Eu só teño clara unha cousa: ou vou vivir a Proupín…ou non sei.” (Daniel Villaverde)

3. “Eu pensei que os gangosos falaban así porque eran tontos.” (Pablo Fernández)

2. “Me encantó cuando hablé con tu hermano a ocho distancias.” (Silvia Sanmartino)

1. “No los llames negros; también son personas.” (Rocío, colega da irmá de Diego Blanco)

 

Despois de catro vitorias consecutivas do xénero masculino, unha muller Anonymous pega un golpe na mesa e ascende ao lugar reservado para os que pasarán á posteridade. Non están nada mal o concepto de “gangoso” de Pablo ou a revisión do concepto “sete leguas” de Silvia, pero Rocío emocionoume coa súa mensaxe “antirracista” e ademais fai historia. E fai historia porque é a primeira gañadora que non coñezo. Xamais a tiven diante, pero isto é o bo de ter correspondentes polo mundo, que podemos ter unha gañadora gracias a conexión: Eu vivín con Fi – Fi vive con Diego – Diego (supoño) tamén vive con súa irmá – a irmá de Diego ten unha amiga que se chama Rocío.

Unha gañadora 2.0.

 

Rocío, gañadora de Citas Célebres 2011

 

DIÁLOGOS CÉLEBRES

10.

-A recesión simplemente é deixar de crecer (Hadrián Faílde)

-De crecer para arriba e para abaixo (Loli Iglesias)

 

9.

-A ver, a todos se nos ocorren os chistes malos que se lle ocorren a Xufres (Daniel Villaverde)

-A diferenza está en que el díos en alto e nós non (Pablo Vieites “Fi”)

-Eso es porque Xufres es un tío muy esporádico (María Segura “Mery”)

 

8.

-Tenemos que ir allí con mazorcas (Xermán López)

-Que temos que ir con que? (Pablo Vieites “Fi”)

-Joder, con mazorcas, con estas de disparar… (Xermán López)

 

7.

-Fostes ao Budi? (Miña nai)

-Non má, por que íamos ir ao Budi? (Daniel Villaverde)

-Non sei, como dixestes o da camareira rubia… aínda que o Budi non ten ningunha camareira rubia. (Miña nai)

 

6.

-Que peli é esta? (Iñaki Tomé)

-Diamantes de sangre (Carlos Otero)

-De que vai? De drogas, non? (Iñaki Tomé)

-No, de diamantes (Carlos Otero)

 

5.

(diálogo que se produce o día posterior ao final de ETA e o asasinato de Gadafi)

-Viches o notición de onte? (Daniel Villaverde)

-O de Gadafi? (Miña nai)

-Non, o outro notición… (Daniel Villaverde)

(silencio)

-O Barça? (Miña nai)

 

4.

-José, sales comigho o miércoles 30 por Santiagho? (“Iñaki” Tomé)

-Non sei, en que cadra miércoles 30? (José Manuel Tomé)

 

3.

-Pero non acabara o partido? (Miña nai)

-Si mamá, pero é a repetición (Daninho)

-Pero logo porque siguen xogando? (Miña nai)

 

2.

-Joder, Benzema nove goles en sete partidos (Pablo Vieites “Fi”)

-Cuántos goles? (Javier Martín)

-Nove (Pablo Vieites “Fi”)

-Quién? (Javier Martín)

-Benzema (Pablo Vieites “Fi”)

-En cuántos partidos? (Javier Martín)

-En sete partidos tío… (Pablo Vieites “Fi”)

 

1.

-Dixeron que moitas provocaron o parto pa cobrar o cheque bebé (Ex camareira da CRTVG)

-Pero eso é verdad? (Suso, ex condutor do autobús da CRTVG)

-Home, saliu na tele (Ex camareira da CRTVG)

 

Hai que recoñecer que miña nai ten unha capacidade innata para os diálogos debido ao moito que lle gusta falar e a que é capaz de falar de 15 temas diferentes en 60 segundos. Tamén hai que recoñecer que esa conversa entre Fi e Javi é unha auténtica homenaxe aos irmáns Marx, pero é que tiña que premiar a esa camareira da TVG que xa o ano pasado ocupou o podio de Citas Célebres e da que tampouco teño foto, polo que tamén será Anonymous porque, neste caso, coñezo a cara pero non o nome. Sempre fun un fanático da argumentación a través de frases como “Vino nun documental”, “Lino nunha revista”, “Dixérono na tele” ou, o nivel máis baixo (ou iso opinamos eu e Hache), “Díxomo un amigo”. Ademais, que carallo, serve para lembrar que houbo un tempo neste país no que se cobraba por foder. Que llo digan a El Jueves.

 

Ex camareira da TVG, gañadora de Diálogos Célebres 2011


Premios Polla

20 Febreiro 2012

En realidade isto non vai de premios, pero na gala de onte estivo a demostración de que dá igual o que fagas sempre que o reclamo sexa dar galardóns. De todos xeitos, se queredes, podedes considerar estas 15 películas como nominadas aos Premios Polla e votar a vosa favorita.

 As clases de Maneiro servíronme para apreciar o divertido que pode ser botarlle unha ollada ao Boletín anual do ICAA onde, entre outras cousas, recóllense os datos de recaudación de todas as películas que foron proxectadas en salas. O único que vedes aquí é unha labor de investigación e selección dos mellores títulos de filmes porno proxectados nas salas X de España que, en moitos casos, teñen maior recadación que diversos filmes dos máis de 100 que se realizan cada ano en España. Espero que vos convenza algunha para ver sós, coa parella, con los niños, en familia…

 

Título  Señoras de buen ver con el negro van a joder

Fecha Autorización  13/05/2010 

Distribuidora  Film Corporation 2000 S.A.

Espectadores en el año  382

Recaudación en el año  1.910,00 €

Recaudación desde su estreno  1.910,00 €

Nacionalidad  Estados Unidos

………….

Título  Rocco voleyball playa y las mejores zagalas

Fecha Autorización  13/05/2010

Distribuidora  Film Corporation 2000 S.A.

Espectadores en el año  1.563

Recaudación en el año  5.919,00 €

Recaudación desde su estreno  5.919,00 €

Nacionalidad  Estados Unidos

………….

Título  Animadoras meneando el Pom Pom                                   

Fecha Autorización   30/09/2009

Distribuidora   Film Corporation 2000 S.A.

Espectadores en el año    2.139

Recaudación en el año  7.152,00 €

Recaudación desde su estreno  7.152,00 €

Nacionalidad   Estados Unidos

………….

Título  Mami, mi novio es negro. ¿Quieres conocerlo?

Fecha Autorización  30/09/2009

Distribuidora  Film Corporation 2000 S.A.

Espectadores en el año  1.993 

Recaudación en el año  6.223,25 €

Recaudación desde su estreno  7.803,25 €

Nacionalidad  Estados Unidos

………….

Título  Maduritas en los límites de la obscenidad

Fecha Autorización  01/02/2010

Distribuidora  Film Corporation 2000 S.A.

Espectadores en el año  2.278

Recaudación en el año  8.025,00 €

Recaudación desde su estreno  8.025,00 €

Nacionalidad  Estados Unidos

………….

Título  Follando muy de cerca

Fecha Autorización  10/02/2009

Distribuidora  Film Corporation 2000 S.A.

Espectadores en el año  1.707

Recaudación en el año  6.664,50 €

Recaudación desde su estreno  14.927,75 €

Nacionalidad  Estados Unidos

………….

Título  Ocho corridas en tu cara de china

Fecha Autorización  13/05/2009

Distribuidora  Film Corporation 2000 S.A.

Espectadores en el año  2.184

Recaudación en el año  8.080,50 €

Recaudación desde su estreno  15.569,75 €

Nacionalidad  Estados Unidos

………….

Título  Corrupta y perra

Fecha Autorización  26/09/2008

Distribuidora  Film Corporation 2000 S.A.

Espectadores en el año  2.034  

Recaudación en el año  6.233,50 €

Recaudación desde su estreno  15.828,50 €

Nacionalidad  Alemania

Título  Jóvenes y viejas, Chirla y almejas

Fecha Autorización  13/05/2009 

Distribuidora  Film Corporation 2000 S.A.

Espectadores en el año  1.735

Recaudación en el año  6.737,00 €

Recaudación desde su estreno  16.127,75 €

Nacionalidad  Estados Unidos

…………

Título  13 Ninfómanas contra Tom                                                                        

Fecha Autorización  13/03/2000

Distribuidora  Film Corporation 2000 S.A.

Espectadores en el año 13

Recaudación en el año 52,00 €

Recaudación desde su estreno   16.473,20 €

Nacionalidad   Estados Unidos

…………

Título  Me la he tirado o lo he soñado

Fecha Autorización  04/12/2008

Distribuidora  Film Corporation 2000 S.A.

Espectadores en el año  2.557

Recaudación en el año  8.389,75 €

Recaudación desde su estreno  16.667,50 €

Nacionalidad  Estados Unidos

………….

Título  Culos limpios, Coños llenos

Fecha Autorización  12/06/2003

Distribuidora  Essex Video España, S.A.  

Espectadores en el año  458

Recaudación en el año  1.377,00 €

Recaudación desde su estreno  17.011,80 €

Nacionalidad  Alemania

………….

Título  Ambiguamente incestuosa

Fecha Autorización  19/11/2002

Distribuidora   Essex Video España, S.A.                                                            

Espectadores en el año   343

Recaudación en el año   1.029,00 €

Recaudación desde su estreno  19.404,60 €

Nacionalidad   Hungría

…………

Título  Asiáticas estrechas de culo

Fecha Autorización   13/02/2007

Distribuidora  Film Corporation 2000 S.A.

Espectadores en el año   19

Recaudación en el año   152,00 €

Recaudación desde su estreno   20.368,50 €

Nacionalidad   Estados Unidos

………………………

Título  Con la leche al cuello

Fecha Autorización  24/07/2001

Distribuidora  Film Corporation 2000 S.A.

Espectadores en el año  10

Recaudación en el año  80,00 €

Recaudación desde su estreno  30.136,56 €

Nacionalidad  Estados Unidos

El viaje de Kalilu

8 Febreiro 2012

Teño moitos problemas, pero algún deles é que leo pouco e que teño mala memoria, polo que normalmente volvo a ler libros que xa lin, e que me gustaron, ao cabo de pouco tempo. É un problema porque deixo de ler outros libros… pero tamén é certo que a relectura de libros como este, El viaje de Kalilu, non me fai sentir que perdo o tempo.

Non quero poñer moitas palabras aos 10 fragmentos que poño como aperitivo. Esta é a historia dun heroe, Kalilu Jammeh, un gambiano que un día decidiu emprender unha viaxe buscando unha mellor vida para el e a súa familia en España. A historia, real e narrada por el mesmo, parece incrible. A crudeza e naturalidade coa que Kalilu fala deses 18.000 kilómetros que percorreu ao longo de 18 meses por 8 países, camiñando, en tren, en bus, en camión, no maleteiro dun coche ou en cayuco, revela un drama que podemos intuír pero descoñecemos. E por ese único motivo, escribiu este libro. Unha advertencia, porque todos nos acostumamos no seu día a ver nos informativos as chegadas de pateras cargadas de inmigrantes, pero Kalilu revela todo o proceso previo. Esa última etapa é unha anécdota dentro dunha odisea na que a maioría perde a vida.

1. Bamako es uno de los puntos estratégicos en la ruta hacia Europa; desde allí se puede entrar a Níger por Burkina Faso. Desde Níger, se puede entrar a Libia o Argelia cruzando el desierto del Sahara. Desde Argelia, para quienes no mueren de hambre y sed o calor en el desierto, sólo falta entrar a Marruecos y desde allí cruzar el mar Mediterráneo o el océano Atlántico para desembarcar en las islas Canarias. Para ningún viajero resulta fácil el viaje al “paraíso”, como se llama a Europa.  

2. Partí hacia Niamey, junto a setenta y cuatro viajeros, alrededor de las diez de la noche, a bordo de un autobús con capacidad para veinticuatro personas. El equipaje estaba en el techo del vehículo.

La temperatura era tan alta y había tanta humedad que empezamos a quejarnos, porque no íbamos a aguantar viajar durante días en esas condiciones. Al cabo de un rato, la gente empezó a impacientarse y a enojarse. Sugerimos al conductor que detuviera el autobús para tomar un poco de aire, y como se negó, el pánico se apoderó de todos y cuatro personas saltaron por la ventana, mientras el vehículo seguía su marcha. Aún hoy no sé qué fue de esas personas.

La mayoría de los pasajeros seguía gritando por falta de espacio y sofocación, especialmente las chicas. Le suplicamos al conductor que parara, pero éste en vez de frenar aceleró aún más. Tal vez la música que escuchaba le ocultaba nuestros gritos. Más pasajeros se tiraron por las ventanas. Sólo al cabo de un rato, el conductor detuvo el autobús.

Fuera, después de haber inspirado todo el aire que pude y estirar piernas y brazos, me enfrenté al conductor junto a otros pasajeros. ¿Qué le costaba detener un momento el vehículo? Pero su única respuesta fue sacar un arma y decirnos:

-Callaos todos.

Hubiera preferido morir antes que ser testigo de tanta inhumanidad.

Corrí por donde habíamos venido en busca de las personas que habían saltado. Encontré a dos que estaban ya muertas. Una chica había caído justo encima de un árbol y una rama le había perforado el estómago. Intentamos sacar la rama, pero fue imposible. Cubrimos los cuerpos con sus ropas. Antes de retornar al autobús, el conductor insistió en que lleváramos los cuerpos hacia las malezas, lejos de la carretera, para que no pudieran seguirnos el rastro. Y luego nos pidió que nos laváramos las manos y las ropas por si la policía nos detenía. Todo se hizo en cuestión de minutos.

Reanudamos nuestro camino, intentando mantener la calma. De hecho, había más espacio, había seis personas menos, y respirar era más fácil. Pero la jornada continuó con mucho desasosiego. Los nigerianos lloraban por sus seres queridos. Por mi parte, estaba desconcertado, hambriento y cansado. Soportaba el peso de otra persona encima de mis piernas. Aunque ya no me molestaba, no después de lo que acabábamos de presenciar.

3. En un arrebato de pánico, la chica tiró el bebé al suelo. Sabía que el bebé no sobreviviría mucho tiempo más, y que llevarlo encima haría que ella también muriera de cansancio. La pobre no dejaba de gritar y llorar. Yo, y creo que todos, sentíamos un ciento remordimiento por no poder ayudarla, pero no sabíamos cómo hacerlo, y además debíamos pensar en nuestras propias vidas. No había más alternativa que seguir andando.

4. La chica de Eritrea que había tragado su dinero se puso a llorar y repetía que no tenía nada. Entonces, delante de nosotros, la violaron. Cuando el hombre satisfizo sus necesidades, cogió un cuchillo y rajó el estómago de la chica.

Nunca había presenciado un acto tan brutal, tan bárbaro y tan inhumano. Si aún me quedaba algo de fuerza, la usé para rezar a quien estaba por encima de nosotros.

La chica murió en poco tiempo y ellos sacaron el dinero de sus entrañas.

5. Comencé a pensar en mi familia, que mientras yo iba y venía cruzando el desierto había permanecido allí en mi casa, y en cuánto los echaba de menos, y en que aún no había completado mi viaje. Estos pensamientos me amargaron y llegué a perder la esperanza tanto de volver a casa como de alcanzar mi destino final. Hasta pensé en volver a Gambia, ser parte de mi familia otra vez y empezar una nueva vida. Pero regresar después de tanto tiempo, sin haber logrado mi objetivo me haría perder el respeto hacia mí mismo y el de mi vecindario. Así que decidí seguir arriesgando mi vida antes que enfrentarme a una posible humillación en mi comunidad. 

6. En Maghnia, se ha ido desarrollando una enorme población integrada por subsaharianos en su ruta hacia Europa, dividida en barrios -los llamados sótanos, “dinkokono”, “valles” o “gueto”- según los diferentes países de origen: Gambia, Senegal Malí, Níger, etcétera, cada uno con gobierno propio perfectamente estructurado. Se trata de un verdadero sistema de gobierno, muy organizado, que presta servicios y realiza negocios muy importantes, independiente del sistema de gobierno de Argelia. Los presidentes de cada sótano son nombrados directamente desde Rabat por los hombres de contacto. Por lo general, la elección recae en hombres que han pasado mucho tiempo en la cantera, sin poder viajar a Europa. Cada gobierno dura seis meses.

Cada gambiano, o africano, que va a Marruecos para llegar a España tiene que pasar por Maghnia y por este gobierno, y aportar su dinero al gobierno, que se encarga de cubrir los costes de transporte, comida y cuestiones organizativas.

7. Los gidos* volvieron cerca de las diez de la noche, esta vez sin comida ni agua. El combate estaba a punto de empezar. Sacaron a los del primer grupo, de cuarenta y dos personas, y los llevaron a algún sitio cerca de la carretera, donde el transporte hacia Rabat los debía recoger.

Yo me quedé con el resto dentro de la casa, esperando ansioso nuestro turno. Al menos había más lugar ahora, pero el olor seguía siendo repugnante. A los tres días sin comida ni agua, tuvimos que bebernos la orina del contenedor, mezclado con azúcar, para no morirnos deshidratados. Muchas personas, tan pronto como la bebían, padecían ataques de diarrea. Y no nos quedó más opción que aguantar así cuatro días, hasta que regresaron los gidos.   128,129

(*gidos, mozos locais que coñecen ben o terreo guían aos inmigrantes polo campo, dun destino a outro, ata chegar ao mar)

8. Fue entonces cuando uno de los compañeros se desplomó en el suelo. Su situación era delicada. Él quería que lo dejáramos allí y siguiéramos sin él, pero yo no podía aceptarlo. Pedí a los otros dos que me ayudaran a cargarlo a mis espaldas, pero ninguno quiso ayudarme. No los culpo; era evidente que no viviría mucho más y cargarlo era arriesgar nuestra propia salud.

9. Claro que nunca podré olvidar la humillación que viví, pero poco a poco las heridas fueron cicatrizando. Nos habían tratado como animales, pero todavía éramos personas, con buen corazón. Y de repente me sentí un héroe, por todas las pruebas que había superado. 

10. A mis hermanos africanos, me gustaría recordarles que sólo podremos desarrollar África si estamos en África. Arriesgar la vida en un viaje a Europa no es ninguna solución para la actual situación económica de nuestro continente.

Olark Livehelp